Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 30 de marzo de 1999 Páx. 3.621

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN GALICIA-EUROPA

ANUNCIO do 15 de marzo de 1999 polo que se amplía en tres o número de bolsas dirixidas a licenciados universitarios que obteñan ó longo de 1999 unha estadía non remunerada nalgunha das institucións comunitarias.

Por anuncio do 26 de outubro de 1998, publicado no Diario Oficial de Galicia número 222, do 16 de novembro, convocáronse catro bolsas para a concesión de axudas económicas que financiasen a estadía en Bruxelas de licenciados universitarios que fosen aceptados por algunha das institucións comunitarias ó longo de 1999.

Tida conta do número de peticionarios que teñen cursadas as súas solicitudes e que satisfacían os requisitos de expediente académico e coñecemento de linguas, entre outros, admitidos polas diversas institucións comunitarias, considerando a existencia de remanentes orzamentarios e a concorrencia dos fins fundacionais, que aconsellan reforza-la presencia de titulados galegos no cerne das entidades decisoras da Unión Europea, a Fundación Galicia-Europa amplía en tres bolsas adicionais as xa con

vocadas polo devandito anuncio, mantendo invariable o prazo xeral de presentación de novas solicitudes ata o 15 de setembro de 1999.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 1999.

Jaime Pita Varela

Secretario xeral da Fundación Galicia-Europa