Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 30 de marzo de 1999 Páx. 3.621

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio desta resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:

Obra: reparación de vías provinciais en Cervo-Burela-Foz-O Valadouro-Alfoz.

Orzamento contrata: 29.911.344 ptas.

Prazo execución: 1 ano.

Clasificación exisida: grupo g), subgrupo 6), categoría c).

Características:

1º Entidade adxudicadora:

a) Deputación de Lugo.

b) Dependencia: Sección de Plans e Contratación.

2º Obxecto do contrato: a execución das obras sinaladas ó comenzo do anuncio.

3º Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4º Orzamento base de licitación: o que se sinala ó comenzo do anuncio.

5º Garantías:

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.

Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na tesourería provincial.

6º Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Deputación de Lugo.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo-27001.

d) Teléfono: 982 25 10 42.

e) Fax: 982 24 49 62.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación.

7º Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: a que se sinala no encabezado (de ser exisible).

8º Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia; se o último día coincide en domingo ou festivo, o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: Contido de proposicións.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral, das 10 ás 14 h oras.

1. Entidade: deputación.

2. Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

3. Localidade e código postal: Lugo-27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado.

f) A verificación da suficiencia de poderes farase especificamente para este concurso.

9º apertura de ofertas.

a) Entidade: deputación.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación, agás os sábados.

e) Hora: ás 12 horas.

10º Outras informacións: nos teléfonos indicados.

11º Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo,15 de marzo de 1999.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo