Por medio desta cédula, en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Rosario Soto Feans, adxudicataria da vivenda do expediente C4IV75, correspondente á conta 165 sita na rúa Federico García Lorca nº 10-1ºD do polígono de Vite en Santiago de Compostela, que o vindeiro día 21 de abril, ás 10 horas, se procederá
a executa-lo lanzamento derivado do expediente de resolución de contrato seguido por falta de pagamento, en virtude da autorización xudicial concedida para a entrada en domicilio de particulares polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña.
Para este acto comparecerá no seu domicilio José Ruíz Gómez e/ou Emilio Palacios Rivera, da empresa colaboradora na xestión e recadación de vivendas da Xunta de Galicia, Hnos. Alonso Garrán, S.L., debidamente autorizados con credencial asinada para o efecto polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo e co auxilio das forzas de seguridade.
Para paraliza-lo dito acto poderá deixar voluntariamente a vivenda que ten adxudicada, facendo entrega das chaves no Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1999.
José Antonio Redondo López
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda
e Solo