Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 30 de marzo de 1999 Páx. 3.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 23 de febreiro de 1999, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, por resultar descoñecido o seu domicilio, acordo de incoación do expediente sancionador VP-C 4/1999.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle ó interesado o acordo de incoación do correspondente expediente sancionador que, co número que se indica, se inicia neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario, causa prevista no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Desígnanse respectivamente instructora e secretaria destes a Clara Gómez Ruiz e Carmen Pombo Chans, concedéndolles ós interesados quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para facer cantas alegacións crean oportunas no seu descargo e, de se-lo caso, solicita-la práctica das probas.

E para que conste e lle sirva de notificación ó interesado de enderezo descoñecido e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 23 de febreiro de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: VP-C 4/1999.

Manuel Fachado Sayar.

Urbanización Sol y Mar, bloque 11, portal 3, Esc. 1-1º D.

Oseiro, Arteixo (A Coruña).