Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 30 de marzo de 1999 Páx. 3.617

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1999 pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de edición de distintas publicacións no ano 1999.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación do servicio de edición de distintas publicacións no ano 1999.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), rúa Frei Rosendo Salvado 16-baixo, 15701 Santiago de Compostela, teléfono 981 54 11 01, fax 981 59 04 67.

b) Número de expediente: CP nº 6/99.

2.a) Obxecto do contrato: servicio de edición de distintas publicacións no ano 1999, desagregado en 4 lotes, que se relacionan a continuación:

Lote 1: publicación «Galicia, guía de oportunidades de bos negocios» (edición en inglés, alemán, portugues e xaponés).

Lote 2: publicación «Memoria Igape 1998» (edición en galego e castelán).

Lote 3: publicación «Galicia ante as portas do século XXI - Instituto Galego de Promoción Económica» (edición en galego e castelán).

Lote 4: publicación «Liña de axudas do Igape» ( nas súas dúas versións: libro e carpeta; edición en galego de castelán).

b) Prazo: ata o 31 de decembro de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: vinteún millóns de pesetas incluído o imposto sobre o valor engadido (IVE). O dito orzamento máximo distribúese como se sinala a continuación:

Lote 1: 6.000.000 de ptas.

Lote 2: 2.500.000 ptas.

Lote 3: 7.500.000 ptas.

Lote 4: 5.000.000 de ptas.

Total: 21.000.000 de ptas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación do lote ou lotes ós que licite.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: rúa Frei Rosendo Salvado, 16 baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, o prazo entenderáse prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: en acto público ás 10 horas do oitavo día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito en rúa Frei Rosendo Salvado 16, Santiago de Compostela.

Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 1999.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica