Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 30 de marzo de 1999 Páx. 3.605

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada nos expedientes sancionadores de pesca fluvial 98/0103 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción administrativa á Lei 7/1992, do 24

de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-118/1 da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte en que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado que lles será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña. Transcorrido o citado prazo pro

cederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

De conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado igual

mente a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será executiva para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 2 de marzo de 1999.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Tipificación infracción Lei de pesca

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos denunciadosArtigoCualificaciónSanción

P-98/0103Juan Villasante Carreira

33.286.140

Rodrigo de Santiago, 42

A Coruña

Pescar, sendo titular de licencia, sen levar consigo documentación acreditativa da súa identidade.31.1º en concordancia co 90.1ºLeve5.000 ptas.

multa.

P-98/0144Severino Vieites Tejo

33.213.962

Cacheiras, s/n. Teo

Ter na marxe do río artefactos de uso prohibido (sedelas dormentes).34.4º en concordancia co 91.4ºMenos grave50.001 ptas.

multa. Inhab. 1 ano.

P-98/0229Benito M. Díaz Ameneiro

76.779.152

Quiroga Palacios, 40-3º

Santiago de Compostela

Navegar cunha embarcación nun lugar prohibido.33.8º en concordancia co 90.8ºLeve10.000 ptas.

multa.