Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 30 de marzo de 1999 Páx. 3.606

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de residuos sólidos urbanos que se citan. (98/0074 e seis máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos (DOG nº 168, do 2 de setembro), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Ana Mª Díaz López, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo conselleiro de Medio Ambiente, segundo o artigo 43 da Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedien

tes na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, e para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos, así como para a recusación da persoa designada como instructora, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Ó abeiro do disposto no artigo 8.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, cando a sanción teña carácter pecuniario, o pagamento voluntario polos imputados en calquera momento anterior á resolución, porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado que lles será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, e co establecido no R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

A Coruña, 2 de marzo de 1999.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provinicial da Coruña

ANEXO

Tipificación Lei de residuos

sólidos urbanos

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos denunciadosArtigoCualificaciónSanción

proposta

R-98/0074José R. Muíños Seoane

32.109.923

Ed. Gabín, s/n 1º Dta.

Rutis-Vilaboa-Culleredo.

Abandono dun vehículo da súa propiedade.37.2º.1Grave250.001 ptas.

R-98/0086Francisco J. Patiño Ojea

32.774.688

Dalia, 40-Bº Flores

A Coruña

Abandono dun vehículo da súa propiedade.37.2º.1Grave250.001 ptas.

R-98/110Enrique M. Sambad Romero

32.409.952

S. Cipriano, 1

Vilafran (Girona)

Abandono dun vehículo da súa propiedade.37.2º.1Grave250.001 ptas.

R-98/119Sonia Mª Otero García

76.334.866

S. Roque de Afora, 5

A Coruña

Abandono dun vehículo da súa propiedade.37.2º.1Grave250.001 ptas.

R-98/147Humilde Rodríguez Vázquez

Birloque, 22-1º A

A Coruña

Abandono dun vehículo da súa propiedade.37.2º.1Grave250.001 ptas.

R-98/189José Filgueira Laíño

33.202.567

A. Clavet, 48-4º

La Garriga-Barcelona

Abandono dun vehículo da súa propiedade.37.2º.1Grave250.001 ptas.

R-98/192Daniel Vázquez Pardo

76.282.660

As Cascas, s/n

Betanzos

Abandono dun vehículo da súa propiedade.37.2º.1Grave250.001 ptas.