Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 30 de marzo de 1999 Páx. 3.603

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 1999 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Unlimited Youth & Student Travel, S.A., sita na rúa Ramón Cabanillas, 14, de Santiago de Compostela.

Visto o expediente instruído por instancia de Francesc Alguacil Redondo, na súa calidade de conselleiro delegado da entidade mercantil Unlimited Youth & Student Travel, S.A., en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento en Santiago de Compostela na rúa Ramón Cabanillas, 14, da axencia de viaxes Unlimited Youth & Student Travel, S.A., do grupo retallista, co código identificativo GC 585, que ten a súa casa central en Barcelona, na rúa Rocafort, 116-120.

Resultando que o interesado xunto coa solicitude acompañou toda a documentación á que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado

á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 12 de xaneiro de 1998 da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se delega no director xeral de Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos e dependencias auxiliares das axencias de viaxes xa autorizadas, esta Dirección Xeral de Turismo,

RESOLVE:

Autorizarlle á axencia de viaxes Unlimited Youth & Student Travel, S.A., sita en Barcelona, na rúa Rocafort, 116-120, da que é titular a entidade mercantil Unlimited Youth & Student Travel, S.A., a apertura dun novo establecemento en Santiago de Compostela, na rúa Ramón Cabanillas, 14, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 1999.

P.D. (Orde do 12-1-1998)

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo