Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 30 de marzo de 1999 Páx. 3.602

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 1999 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, da contratación da subministración consistente na adquisición de tres lectores-reproductores de microfilme e microficha con destino ós arquivos xestionados pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Esta Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, polo proxedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, da contratación da seguinte subministración:

-Adquisición de tres lectores-reproductores de microfilme e microficha con destino ós arquivos xestionados pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Orzamento de licitación: cinco millóns novecentas vintetrés mil pesetas (5.923.000 ptas., IVE incluído).

Prazo de execución: dez (10) días.

Garantía provisional: non se esixe.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Exposición dos pregos: o prego de prescricións técnicas e o de cláusulas administrativas estarán de manifesto para o seu exame no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.

Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 h do décimo terceiro día natural, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, en sobres pechados e asinados

polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será a realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio deste concurso será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 1999.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo