Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 30 de marzo de 1999 Páx. 3.602

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto chamado L.M.T.-C.T.-R.B.T. Guillade, no municipio de Crecente, a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., que foi declarada, en concreto, de utilidade pública, o cal leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, por resolución desta delegación do 10 de setembro de 1998 (artigo 54.1º da Lei 54/1997, do sector eléctrico. (Expediente 131/1998 A.T.).

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 31.6º do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de

outubro, fáiselles saber a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto da liña de referencia que o día 15 de abril de 1999, a partir das 11 horas, procederase sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación correspondentes ós predios situados no municipio de Crecente, sinalados cos números que en folla adxunta se detallan.

Así mesmo, os interesados serán notificados mediante cédula individual que se lles practicará coa debida anticipación legal, da data e hora na que, para cada un deles terá lugar a dita dilixencia.

Ós ditos actos poderán ir acompañados polo seu perito ou dun notario pola súa conta, se así o consideran conveniente, conforme ó artigo 52.3º da lei citada.

Vigo, 3 de marzo de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 131/1998 A.T.Provincia: Pontevedra.

L.M.T.-C.T.-R.B.T. Guillade.Termo municipal: Crecente.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

3O BarcelarPradoPilar Moreira FernándezRego, s/n

36940 Filgueira-Crecente

15150

4O BarcelarPradoJulio César García-Luengo MonteroFrieira, s/n

36940 Quintela-Crecente

22220

5O BarcelarLabradíoDescoñecido Rpta. Fiscal Audiencia Prov.Salvador Moreno, 11

Pontevedra

12120