Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 30 de marzo de 1999 Páx. 3.594

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1999, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer dun inmoble en Santiago de Compostela, para dependencias administrativas da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro, polo que se fixa a estructura orgánica da Consellería de Economía e Facenda

RESOLVO:

Facer público que, por razón das necesidades do servicio e a urxencia na afectación, en virtude do disposto no artigo 55.1º do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, xustifícase, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta do organismo autónomo Augas de Galicia, a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer dun inmoble sito na rúa Rodríguez de Viguri, 47-baixo, termo municipal de Santiago de Compostela, para dependencias administrativas.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 1999.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda