Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 30 de marzo de 1999 Páx. 3.594

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 3 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifica laudo arbitral correspondente á demanda instruída pola Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, devolta polo servicio de correos por resultar descoñecido o seu destinatario (expediente XA 26/1998).

Pola presente cédula notifícaselle ó demandado cos datos e último enderezo coñecido sinalados no anexo desta cédula, o laudo arbitral dictado pola Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, recaído no expediente que se cita no mencionado anexo.

Fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para interpor recurso de anulación diante da Audiencia Provincial da Coruña nun prazo máximo de dez días contados desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula e polas causas previstas na Lei 36/1988, do 5 de decembro, de arbitraxe, procedendo, se é o

caso, á interposición do recurso de revisión nos prazos e supostos previstos nos artigos 1796 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común expido, asino e selo a presente cédula.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

1. Expediente: XA 26/1998.

2. Demandante: Juan Carlos Bouzas Fernández.

3. Demandado: Azcona Tolón, S.L.

4. Último enderezo coñecido: r/ Santa Rosa, 4. 50013-Zaragoza.

5. Feitos demanda: non paga-los portes de transporte.

6. Data: agosto de 1996.

7. Contía demanda: 96.000 ptas. máis xuros legais.

8. Data vista xunta arbitral: 9 de novembro de 1998, 16.30 h.

Lugar: Dirección Xeral de Transportes. Polígono das Fontiñas, Edif. Área Central, Praza Europa 5, 2º A. Santiago de Compostela. Estimado.