Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 30 de marzo de 1999 Páx. 3.590

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 1999 do convenio colectivo do sector de confeiterías, pastelerías, masas fritas, bolos e xeados artesáns.

Visto o expediente da revisión salarial para o ano 1999 do convenio colectivo do sector de confeiterías, pastelerías, masas fritas, bolos e xelados artesáns que tivo entrada nesta delegación provincial o día 19-2-1999, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Confeiterías, Pastelerías, Masas Fritas, Bolos e Xelados Artesáns e, da parte social por UGT o día 28-1-1999, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de febreiro de 1999.

P.S. (Decreto 227/1998, do 10 de xullo)

Mª José Cimadevila Cea

Secretaria provincial da Coruña

Reunión da comisión paritaria do convenio colectivo de confeiterías, pastelerías, masas fritas, bolos e xeados artesáns, da provincia da Coruña.

Parte empresarial:

Manuel Iglesias García.

José Antonio Beiras Troiteiro.

Arsenio Prieto Martínez.

Parte social:

Fernando Vázquez Martínez, UGT.

Sendo as 11 horas do día 28 de xaneiro de 1999, nos locais da dita asociación de empresarios reú-

nense os membros da dita comisión co fin de aproba-la revisión salarial pactada no convenio colectivo do ano 1998. Dado que o IPC previsto polo Goberno para o ano 1999 é do 1,8% e o incremento pactado foi este máis medio punto, procede aumenta-la táboa salarial nun 2,3%, que se fará efectivo con carácter retroactivo do 1 de xaneiro de 1999, e reflectirase nas táboas anexas para engadirllo ó convenio colectivo.

O artigo 6 do vixente convenio referente ó plus de transporte establécese en 266 pesetas diarias.

Así mesmo, autorízase a Fernando Vázquez Martínez para que proceda ó seu rexistro e publicación.

Ás 13.30 horas levántase a sesión e asínase esta acta en sinal de conformidade.

Táboa de salarios 1999

Categoría profesionalMes/díaC. antigüidadeS.B. anual

-Técnicos (non titulados):
Encargado xeral126.1667.4271.892.490
Xefe fabricación taller134.9567.9462.024.340
Encargado de sección100.4865.9161.507.290

-Administrativos:
Xefe de administración de 1ª142.7638.4052.141.445
Xefe de administración de 2ª134.9567.9462.024.340
Oficial de 1ª121.9347.1791.829.010
Oficial de 2ª108.8576.4081.632.885
Auxiliar100.4125.9121.506.180
Aspirante de 1º ano59.1643.076887.460
Aspirante de 2º ano60.6183.568909.270
Aspirante de 3º ano78.3654.6141.175.475

-Mercantís:
Xefe de vendas137.4538.0932.061.795
Inspector de vendas130.6147.6901.959.210
Promotor de propaganda108.8576.4081.632.855
Vendedor de autovenda104.5076.1521.567.605
Viaxante104.5076.1521.567.605

-Obreiros:
a) Persoal de producción:
Oficial de 1ª109.8996.4711.648.485
Oficial de 2ª101.5065.9761.522.590
Axudante95.3885.6151.430.820
Forneiro mecanizado101.5065.9761.522.590
Forneiro de pa101.5065.9761.522.590
Aprendiz de 1º ano59.1643.115887.460
Aprendiz de 2º ano61.3793.614920.685
b) Persoal de acabado e empaquetado:
Oficial de 1ª109.8996.4711.648.485
Oficial de 2ª101.5065.9761.522.590
Axudante95.3885.6151.430.820
Aprendiz de 1º ano59.1643.115887.460
Aprendiz de 2 ano61.3793.614920.685
c) Persoal de oficios auxiliares:
Oficial de 1ª109.8996.4711.648.485
Oficial de 2ª101.5065.9761.522.590
Peón92.3825.4381.385.730
Persoal de limpeza92.3825.4381.385.730

-Subalternos:
Almaceneiro109.8996.4711.648.485
Conserxe98.2825.7861.474.230
Cobrador98.2825.7861.474.230
Basculeiro98.2825.7861.474.230
Garda xurado98.2825.7861.474.230
Garda vixilante98.2825.7861.474.230
Ordenanza98.2825.7861.474.230
Porteiro92.3825.4381.385.730

-Comercio:
a) Administrativos:
Auxiliar de caixa100.4785.9161.507.170

-Persoal mercantil:
Dependente de 25 anos104.2516.1371.563.765
Dependente menor de 24 anos100.4785.9161.507.170
Axudante94.3805.5561.415.700
Aprendiz de 16 a 18 anos59.1643.466887.460