Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 30 de marzo de 1999 Páx. 3.591

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 1 de marzo de 1999 pola que se establecen axudas para a mellora e conservación dos bosques de frondosas.

Advertidos erros na Orde do 1 de marzo de 1999 pola que se establecen axudas para a mellora e conservación dos bosques de frondosas, publicada no DOG nº 48, do 10 de marzo de 1999, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 2.757, columna 1ª, na liña 20, onde di: «1. Acreditación, mediante documentación oficial, do titular dos terreos e do solicitante, de que se...», debe dicir: «1. Acreditación, mediante documentación oficial, dos beneficiarios das subvencións, de que se...».

-Na páxina 2.757, columna 1ª, na liña 31, onde di: «3. Factura do proxecto», debe dicir: «3. Factura do proxecto, ou xustificante emitido polo solicitante de realizalo por medios propios».

-Na páxina 2.757, columna 1ª, na liña 55, onde di: «(non sendo incluíbles os traballos de proxectos de repoboación)», debe dicir: «(non sendo incluíbles os traballos de repoboación)».