Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1999 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación, mediante concurso, das obras de renovación da iluminación pública no polígono de Campolongo (Augusto García Sánchez), praza da Constitución, praza de Galicia e paseo Valle Inclán.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, praza de España, s/n, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución das obras comprendidas no proxecto de referencia. b) Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Orzamento da licitación: 53.145.400 ptas., incluídos todo xénero de gastos, IVA e dirección técnica da obra.

5. Clasificación do contratista.

GrupoSubgrupoCategoría

G 6 B

I 1 E

I 6 B

I 8 B

I 9 E

6. Garantías: provisional: 1.062.908 ptas. Definitiva: 2.125.816 ptas.

7. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Telefax: 986 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: trece (13) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: trece días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 13ª do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. En horario de 9 a 13 horas.

9. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o día seguinte hábil ó de remate do prazo sinalado para a presentación das ofertas; se coincidise en sábado, a apertura realizarase ó día seguinte hábil, ás 13.30 horas na sala de xuntas.

10. Criterios de selección: os criterios que servirán de base para a adxudicación serán os seguintes:

1. Reducción do prazo de execución: ata un 50%.

2. Melloras que oferte o concursante respecto do proxecto técnico municipal: ata un 40%.

3. Reducción do prezo: ata un 10%.

10. Anuncio extenso: no BOP.

Pontevedra, 11 de marzo de 1999.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral