Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.565

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 1999 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación, mediante concurso, das obras de rehabilitación do Pazo de Mugartegui.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Praza de España s/n, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición do obxecto: execución das obras comprendidas no proxecto de referencia. b)Prazo de execución: cinco meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Orzamento da licitación: 119.991.314 ptas., incluído todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Garantías: Provisional: 2.399.826 ptas. Definitiva: 4.799.653 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: (986) 80 43 00. Telefax: 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: trece (13) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: trece días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 13ª do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra, en horario dás 9 ás 13 horas.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o día seguinte hábil ó da terminación do prazo sinalado para a presentación das ofertas; se coincidise en sábado, a apertura realizarase ó día seguinte hábil, ás 13.30 horas na sala de xuntas.

9. Criterios de selección: os criterios que servirán de base para a adxudicación serán os seguintes:

1. Reducción do prazo de execución: ata un 40%.

2. Reducción do prezo: ata un 40%.

3. Experiencia da empresa na execución de obras similares: ata un 20%.

10. Anuncio extenso: no BOP.

Pontevedra, 9 de marzo do 1999.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral