Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.565

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1999 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas no proxecto de reforma da antiga escola de Marcón para vivenda.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, praza de España, s/n., 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: execución das obras comprendidas no proxecto de referencia.

b) Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e poxa.

4. Orzamento de licitación: 7.000.861 ptas. incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Garantías: Provisional: 140.017 ptas. Definitiva: 280.034 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Plaza de España, s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Telefax: 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte o da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 12ª do prego.

c) Lugar da presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. En horario de 9 a 13 horas.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o primeiro luns seguinte hábil ó de remate do prazo sinalado para a presentación das ofertas, ás 10.15 horas na Sala de Xuntas.

9. Anuncio extenso: no BOP de Pontevedra.

Pontevedra, 5 de marzo de 1999.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral