Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.565

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (100/1999).

Anúnciase a Comisión Municipal de Goberno, en sesión do día 11 de marzo de 1999, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de compensación da área B do sector urbano do Campus Universitario de Ourense por instancia de Ángel Prol Garrido en representación de Obras y Promociones Prol Garrido, S.L.

De conformidade co disposto no Art. 102 da Lei 1/1997 do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no Art. 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 17 de marzo de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde