Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.565

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-336).

Por resolución desta Alcaldía nº 756/99 con data do 10 de febreiro de 1999, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de reparcelación do polígono nº 2 do plan parcial As Galeras, en Bastiagueiro-Liáns.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa), nas oficinas municipais de Urbanismo, de 9 a 13 horas, tódolos días laborables, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se coiden oportunas.

Oleiros, 25 de febreiro do 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta