Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.564

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO.

Acordo do 21 de decembro de 1998, da Comisión de Goberno Municipal de Ferrol, polo que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso, para a subministración e instalación dunha sala de mantemento de equipos autónomos para o Servicio Contra Incendios.

Obxecto: subministración e instalación dunha sala de mantemento de equipos autónomos para o Servicio Contra Incendios.

Orzamento base de licitación: 6.000.000 de pesetas (IVE e demais gastos incluídos).

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Prazo de entrega: tres meses contados a partir da data da sinatura do contrato.

Garantías: provisional, 120.000 ptas.; definitiva, 240.000 ptas.

Obtención da documentación e información: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poderá consultarse no Negociado de Seguridade e Tráfico, sito na casa do concello, de luns a venres, das 9 ás 13 horas, dentro do prazo de licitación.

Presentación de ofertas: o prazo de presentación é de 26 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo coincidise en sábado, prolongarase ata o seguinte hábil. Deberán ser entregadas das 9 ás 13 horas, no rexistro xeral da casa do concello, en dous sobres pechados, coa documentación e requisitos esixidos no prego.

Apertura de plicas: terá lugar na casa do concello ás 12.30 horas do segundo venres seguinte ó día en que finalice o prazo para a presentación de proposicións.

Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Ferrol, 2 de febreiro de 1999.

O alcalde

Rubricado