Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización de vía de nova apertura entre avenida de Eduardo Pondal e a rúa Camiño do Gorgullón.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día un de febreiro de mil novecentos noventa e nove acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización de vía de nova apertura entre a avenida de eduardo Pondal e a rúa Camiño do Gorgullón, formulado mediante iniciativa particular por Promociones Inmobiliarias Ramírez, Sociedad Limitada, instrumento de obras redactado polos arquitectos Eugenio Jiménez Passolas e Carlos Gustavo Pérez Álvarez, visado pola delegación en Pontevedra do COAG en data 24-6-98, e plano de planta de instalación de gas, subscrito por tales técnicos e datado en outubro de 1998, téndose que suxeitar a determinadas condicións.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acto administrativo, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte a esta publicación, consonte o establecido nos artigos 8-1 e 46-1 da Lei 29-1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes consonte a dereito.

Pontevedra, 12 de febreiro do 1999.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral