Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.563

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIMORTO

ANUNCIO de licitación.

O Concello de Boimorto anuncia a contratación, por procedemento aberto e mediante poxa, das obras de abastecemento de auga en Areas (Andabao) e outros, incluída no Programa de acción especial de 1999.

1. Tipo de licitación: 7.026.029 pesetas.

2. Presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, de 9 a 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

3. Fianzas: provisional: 140.521 pesetas. Definitiva: 281.041 pesetas.

4. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do sexto día natural seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións; se cadrase sábado, domingo ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

5. Pregos de cláusulas administrativas: as aprobadas pola Deputación da Coruña, publicadas no BOP con data do 9 de decembro de 1996.

6. Modelo de proposición e documentación: a que consta nos pregos (BOP do 9 de decembro de 1996).

Boimorto, 1 de marzo de 1999.

Luis Verea Taboada

Alcalde