Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.563

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTROVERDE

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Castroverde.

2. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: accesos nas parroquias de Arcos e San Xoán de Barredo.

b) Prazo de execución: tres meses.

c) Orzamento base de licitación: 7.200.000 ptas.

d) Garantía provisional: 144.000 ptas.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de contrata.

3. Obxecto e características do contrato:

a) Obxecto: pavimentación do C.L. de acceso a Vilar dos Náraos.

b) Prazo de execución: tres meses.

c) Orzamento base de licitación: 4.023.607 ptas.

d) Garantía provisional: 80.472 ptas.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de contrata.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

5. Obtención de documentación e información:

Concello de Castroverde; praza do Concello, 2-C.P. 27120-Castroverde (Lugo). Teléfono 982 31 20 80. Fax: 982 31 20 11.

6. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económico-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido no prego de condicións.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do vigésimo sexto (26) día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da derradeira publicación.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de condicións.

c) Lugar de presentación: Concello de Castroverde, praza do Concello número 2.

8. Apertura de ofertas: levarase a cabo ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas que non sexa sábado, no salón de sesións da Casa do Concello de Castroverde.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Castroverde, 10 de marzo de 1999.

Xosé Mª Arias Fernández

Alcalde