Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.562

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

En virtude do ordenado polo alcalde, poño no seu coñecemento que, na sesión ordinaria, celebrada o día catro de xaneiro de mil novecentos noventa e nove, a Comisión de Goberno adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

2º. Dictames e adopción de acordos da Comisión Informativa de Urbanismo e Medio Ambiente, correspondente ó día 22 de decembro de 1998.

Proxectos de compensación:

Dáse conta do expediente (43/1998 COM), promovido por Eduardo Tudoli Baladrón, en representación de Proflat, S.L., presentando escrito con número de rexistro de entrada 12.799, de data 25 de novembro de 1998 ó que se xunta proxecto de compensación da unidade de actuación (UA-24, 40) en Ponte do Ba-Arteixo, segundo proxecto redactado polo arquitecto José Miguel Vázquez García.

Atendido que no expediente incoado para o efecto consta informe favorable conxunto xurídico e técnico emitido pola secretaria xeral deste concello e polo arquitecto municipal, de data 1 de decembro de 1998, do seguinte teor literal:

Por escrito con rexistro de entrada 12.798 de 25 de novembro de 1998, Eduardo Tudoli Baladrón, en representación de Proflat, S.L., con DNI 32.407.575 e NIF B-15663396, como propietaria de terreos incluídos na unidade de actuación 24, 40 (UA-24, 40), sitos en Ponte do Ba-Arteixo, preséntase proxecto de compensación da referida unidade.

Lexislación aplicable:

Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

R.G.U. R.D. 3288/1978, do 25 de agosto.

Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións.

A aprobación inicial do proxecto de compensación correspóndelle á xunta de compensación, segundo o número 8 do artigo 133 da Lei 1/1997.

No caso que nos ocupa, por tratarse de propietario único, non existe xunta de compensación, polo que o mero feito da súa presentación ante a Administración polo propio interesado temos que equiparalo formalmente á devandita aprobación.

O expediente debe someterse a información pública polo prazo de vinte días, con citación persoal dos interesados e a través da correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia.

O presente documento tramítase para levar a efecto a localización dos terreos de cesión obrigatoria, é dicir, aqueles nos que se asentarán os espacios libres, as zonas verdes e as vías. Tamén contén a localización dos aproveitamentos edificatorios que en desenvolvemento do planeamento ó que se refire

é posible materializar, e, en particular, a parcela edificable na que se sitúa o 10% que corresponde ó concello.

O proxecto contén as determinacións que se sinalan no artigo 172 do Regulamento de xestión urbanística, R.D. 3288/1978, do 25 de agosto.

Por isto, proponse:

Acorda-lo inicio do procedemento correspondente para a tramitación do expediente de proxecto de compensación da zona correspondente da unidade de actuación 24.40 (UA-24, 40), na Ponte do Ba, Arteixo, procedendo a efectua-las notificacións que sinala o artigo 102.4º da Lei 1/1997.

A Comisión de Goberno, examinado o expediente, tomando en consideracióin o informe conxunto do arquitecto municipal e da secretaria xeral, e vista a Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o R.G.U., R.D. 3288/1978, do 25 de agosto, a Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, a Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións, o vixente texto refundido das normas subsidiarias de planeamento deste termo municipal e demais normativa de xeral e pertinente aplicación, e visto, así mesmo, o dictame emitido pola comisión informativa, en votación ordinaria e por unanimidade, acorda inicia-lo procedemento correspondente para a tramitación do expediente de proxecto de compensación da zona correspondente da unidade de actuación 24, 40 (UA-24, 40), na Ponte do Ba, Arteixo, procedendo a efectua-las notificacións que sinala o artigo 102.4º da Lei 1/1997.

Contra este acordo poderá interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, segundo o disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, acreditando ter efectuado a este concello, con carácter previo, a comunicación a que se refire o artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo do exercicio das demais accións que considere convenientes.

Asinará o duplicado para constancia.

Arteixo, 10 de febreiro de 1999.

María Esther Álvarez Martínez

Secretaria xeral