Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.561

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

En virtude do ordenado polo alcalde, poño no seu coñecemento que, na sesión ordinaria, celebrada o día catro de xaneiro de mil novecentos noventa e nove, a Comisión de Goberno adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

2º. Dictames e adopción de acordos da Comisión Informativa de Urbanismo e Medio Ambiente, correspondente ó día 22 de decembro de 1998.

Proxectos de urbanización.

Aprobación inicial:

Dáse conta do expediente (44/1998 PUR), promovido por Eduardo Tudoli Baladrón, en representación de Proflat, S.L., presentando escrito con número de rexistro de entrada 12.799 de data 25

de novembro de 1998 ó que se acompaña proxecto de urbanización da unidade de actuación (UA-24, 40) en Ponte do Ba-Arteixo, segundo proxecto redactado polo arquitecto José Miguel Vázquez García.

Atendido que no expediente incoado para efecto constan informes favorables xurídico e técnico emitidos pola secretaria xeral deste concello e polo arquitecto municipal, respectivamente, ámbolos dous de data un de decembro de 1998.

A Comisión de Goberno, examinado o expediente, tomando en consideración os informes favorables do arquitecto municipal e da secretaria xeral, e visto o R.D.L. 1/1992, do 26 de xuño, no non derrogado pola Lei 6/1998, do 13 de abril, o Regulamento de planeamento urbanístico, a Lei 1/1997, do 24 de marzo, a Lei 7/1997, do 14 de abril, no non derrogado pola Lei 6/1998, do 13 de abril, o vixente texto refundido das normas subsidiarias de planeamento deste termo municipal e demais normativa de xeral e pertinente aplicación, e visto así mesmo, o dictame emitido pola comisión informativa, en votación ordinaria e por unanimidade, acorda:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización, promovido por Eduardo Tudoli Baladrón, en representación de Proflat, S.L., que ten por obxecto a urbanización da unidade de actuación (UA-24, 40) en Ponte do Ba-Arteixo, segundo proxecto redactado polo arquitecto José Miguel Vázquez García.

Segundo.-Abrir trámite de informacióin pública, anunciándoo no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior circulación da provinica.

Terceiro.-Notifica-lo contido do presente acordo a tódolos propietarios directamente afectados.

Cuarto.-Aprobar provisionalmente a liquidación da taxa con que resulta gravado este proxecto de urbanización, de acordo co seguinte detalle: taxa: 109.428 (O. Fiscal nº 10).

Contra este acordo poderá interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, segundo o disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, acreditando ter efectuado a este concello, con carácter previo, a comunicación que se refire o artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, sen prexuízo do exercicio das demais accións que estime convenientes.

Asinará o duplicado para constancia.

Arteixo, 10 de febreiro de 1999.

María Esther Álvarez Martínez

Secretaria xeral