O Concello Pleno, en sesión extraordinaria urxente celebrada o día 26 de febreiro de 1999, aprobou definitivamente a modificación puntual das norms subsidiarias do Concello das Pontes de García Rodríguez sector 02. Solo urbanizable industrial de Penapurreira.
A eficacia do acto de aprobación definitiva da presente modificación e a súa entrada en vigor queda condicionada á comunicación deste acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e á recepción da copia adverada do expediente completo e da demais documentación especificada no artigo 48.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, así como á publicación das súas normas e ordenanzas consonte co disposto na lexislación de réxime local.
Contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpo-lo recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio.
O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.
As Pontes de García Rodríguez, 1 de marzo de 1999.
Vicente López Pena
Alcalde-presidente