Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.560

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1999, da Dirección Xerencia do Hospital Nicolás Peña de Vigo, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación da subministración de gases medicinais, arrendamento e mantemento das instalacións e depósitos precisos.

A Dirección Xerencia do Hospital Nicolás Peña en Vigo, en virtude das atribucións que lle foron conferidas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998, convoca o seguiente concurso público nº 2/99 polo procedemento aberto, con trámite de urxencia.

Obxecto: contratación da subministración de gases medicinais, arrendamento e mantemento das instalacións e depósitos precisos para o Hospital Nicolás Peña.

Orzamento: quince millóns de pesetas, (15.000.000 de ptas., 90.151,82 euros).

Subministración osíxeno: trece millóns cincocentas mil pesetas (13.500.000 ptas., 81.136,63 euros), IVE incluído

Arrendamento: oitocentas cincuenta mil pesetas (850.000 ptas., 5.108,6 euros), IVE incluído.

Mantemento: seiscentas cincuenta mil pesetas, (650.000 ptas., 3.906,58 euros), IVE incluído.

Forma de adxudicación: concurso público aberto, con trámite de urxencia.

Prazo de execución: o contrato comezará a rexer a partir da súa sinatura.

Admisión de variantes: admitiranse variantes.

Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores acreditarán a súa solvencia técnica, financeira e económica segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: os definidos na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares, e anexo do prego de prescricións técnicas.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estaran á disposición dos interesados na Administración do Hospital Nicolás Peña, sita na Avda. das Camelias nº 109, Vigo, tódolos días laborables, agás sábados, desde as 9 horas ás 14 horas.

Fianza provisional: os concursantes deberán acreditar na forma que establece o prego de cláusulas unha fianza provisional de 300.000 pts.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persona que o represente, no rexistro xeral do Hospital Nicolás Peña, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo, na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Nicolás Peña a partir das 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas.

Documentación que cumpre presentar: será a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.

Bibiano Fernández-Arruti López

Director xerente do Hospital Nicolás Peña de Vigo