Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.556

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 1999, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de restauración forestal dunha explotación mineira nos predios de Arinteiro e Bama, promovido por Explotaciones Gallegas, S.L., nos concellos de Touro e O Pino (A Coruña).

En cumprimento do disposto no artigo 5 punto 7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 11 de decembro de 1998 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de restauración forestal dunha explotación mineira nos predios de Arinteiro e Bama promovido por Explotaciones Galle

gas, S.L. nos concellos de Touro e O Pino (A Coruña), que figura no anexo.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 1999.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural

ANEXO

Resolución do 11 de decembro de 1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto restauración forestal dunha explotación mineira nos predios de Arinteiro e Bama, promovido por Explotaciones Galllegas, S.L. nos concellos de Touro e O Pino (A Coruña).

O Decreto 81/1989, do 11 de maio, sobre medidas de ordenación das novas plantacións co xénero eucaliptus (DOG nº104, do 1 de xuño), establece no seu punto 2, a elaboración dun estudio de avaliación

de impacto ambiental según o Real decreto lexislativo 1302/1986, incorporado ó marco lexislativo autonómico mediante o Decreto 442/1990.

O Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia (DOG do 25 de setembro), establécese a obriga de formular declaración de impacto ambiental (DIA) con carácter previo á resolución administrativa que vaia adopta-lo órgano substantivo para a autorización da actividade obxecto do proxecto.

O proxecto consiste na repoboación forestal de dous predios, denominados Arinteiro e Bama, cunha superficie total de actuación de 147,38 ha, sobre os terreos non explotables do denominado grupo mineiro Arinteiro.

En cumprimento do establecido no artigo 5, punto 2º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, e con data 21 de outubro de 1998, (DOG nº 204) someteuse a información pública o estudio de impacto ambiental.

Como resultado dela, non consta a presentación de alegacións ó devandito proxecto.

Consúltase, así mesmo, a Dirección Xeral de Industria, o organismo autónomo Augas de Galicia e a Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

No anexo I resúmese ó proxecto e no anexo II o contido das consultas efetuadas. O resultado destas tívose en conta, no que procede, no condicionado da presente DIA.

Sobre o contido do proxecto e do estudio de impacto ambiental presentados, os resultados de información pública e os informes recibidos sobre as consultas efectuadas, este órgano ambiental impón no condicionado desta DIA as medidas e condicións que se citan, dirixidas a defini-los motivos polos que se resolveu a viabilidade do proxecto.

Cumprida tramitación, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no exercicio das competencias que lle concede o Decreto 482/1997, do 30 de decembro, formula a DIA do proxecto de restauración forestal dunha explotación mineira nos predios de Arinteiro e Bama.

O órgano substantivo para este proxecto é a Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, e o órgano ambiental é a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Declaración de impacto ambiental

Examinada a documentación presentada, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental establece pola presente DIA as seguintes condicións, ademais das incluídas no estudio de impacto ambiental, de xeito que se asegure a minoración dos posibles impactos ambientais negativos, co fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.

A presente declaración refírese, en exclusiva, ás actuacións de repoboación que se realizarán sobre unha superficie total de 147,38 ha, definidas nos

planos presentados no proxecto. Para outras zonas ou áreas, precisaríase unha nova declaración.

1. Protección do solo.

Tal e como consta no proxecto, e cando se realice o subsolado seguindo o método de máxima pendente, este será discontinuo, levantando o ripper 2 m cada 20 de subsolado, co fin de diminuí-la a erosión.

O subsolado, tanto sexa en máxima pendente ou seguindo as curvas de nivel, realizarase preferentemente en tempo seco. As achegas de terra vexetal que se realicen terán a súa procedencia debidamente xustificada.

2. Protección da fauna e flora.

2.1. Respectaranse os bosquetes de vexetación arbórea existentes no noroeste e no sueste da denominada lagoa de Vieiro, e na zona sur da denominada lagoa de Arinteiro.

2.2. Non se realizarán plantacións de Eucalyptus sp. nunha superficie superior a 132,6 ha, debendo realizar nas 14,7 ha restantes plantacións doutras especies, en cumprimento do indicado no Decreto 81/1989, do 11 de maio, sobre medidas de ordenación das novas plantacións co xénero eucaliptus.

3. Vixilancia ambiental.

3.1. Nun prazo mínimo dun mes antes do comezo dos labores de repoboación, o promotor notificará a esta dirección xeral, a través do órgano substantivo, a data de comezo destas.

3.2. Nun prazo non superior ós tres meses desde o remate dos labores de repoboación, o promotor presentará un informe, acompañado de reportaxe fotográfica, no que se indiquen: a) labores realizados, incluíndo superficies de actuación e planos dotados de coordenadas U.T.M.; b) incidencias ocorridas durante a repoboación.

3.3. Con periodicidade anual, contando a partir da recepción do informe requirido no punto 3.2, o promotor presentará un informe de seguimento que recollerá : a) labores realizados; b) avaliación das marras, especialmente das superficies destinadas a coníferas e frondosas distintas do Eucalyptus sp.; c) incidencias.

4. Documentación adicional.

4.1. Nun prazo máximo de tres meses de ser notificada a presente DIA e, en calquera caso, previamente á autorización administrativa, o promotor presentará diante do órgano substantivo, que á súa vez o remitirá a esta dirección xeral para a valoración e, se procede, a imposición de medidas correctoras adicionais que se deriven dela, a seguinte documentación:

Descrición precisa, na que se indique as posibles afeccións ó medio, e con planos dotados de coordenadas U.T.M., das obras de gabias de desaugamento das lagoas, acompañados dunha analítica das augas retidas nelas, na que constará coma mínimo o pH, conductividade, níquel, ferro e cobre.

A avaliación da documentación solicitada no punto anterior será obxecto dunha resolución que será

comunicada por esta dirección xeral ó órgano substantivo para os efectos oportunos.

5. Condicións adicionais.

5.1. Para efectos de seguimento da presente DIA o órgano substantivo comunicará a esta dirección xeral a data de notificación da DIA ó promotor.

5.2. A proposta do aval que deberá fixa-lo órgano substantivo, para garanti-lo cumprimento das medidas correctoras e para facer fronte ós posibles danos que se lle produzan ó medio, segundo o disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, será de 1.473.500, que se corresponde co 4% do investimento previsto.

5.3. O promotor comunicará a esta dirección xeral, a través do órgano substantivo, a data de inicio dos labores de restauración.

5.4. As condicións indicadas nesta DIA, son de obrigado cumprimento para o promotor; non embargantes, a empresa promotora poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas indicadas nesta DIA co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves deficiencias para a súa implantación ou implicasen modificacións importantes na actividade, e sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican.

Nesta circunstancia, a empresa promotora solicitarao, nun prazo máximo de tres meses desde que lle sexa notificada a presente DIA polo órgano substantivo, á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, presentando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental avaliaraas, comunicando o acordo adoptado á empresa promotora.

5.5. Se unha vez emitida esta DIA, se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o medio, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou a solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e se corrixan estas.

5.6. O incumprimento total ou parcial por parte do promotor, das condicións expostas nesta DIA, poderá ser causa suficiente para proceder ó peche cautelar e a adopta-las medidas oportunas en cumprimento da legalidade vixente.

5.7. A presente resolución, adoptada por esta dirección xeral, non exime o promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, para levar a cabo a actividade ou modificacións nela. En materia urbanística, o proxecto estará ó abeiro do disposto na Lei 1/1997, do solo de Galicia.

5.8. O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 1998.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO I

Resume do proxecto

O proxecto consiste nos labores de repoboación forestal, principalmente Eucalyptus globulus, que se realizaran nos predios de Arinteiro e Bama, sobre unha superficie total de 147,38 ha, nos concellos de Touro e O Pino.

Estes predios foron altamente afectados pola explotación do grupo mineiro denominado Arinteiro, e co proxecto tamén se pretende a súa rexeneración ambiental.

Inicialmente realizarase unha roza da vexetación existente, preparación do terreo mediante subsolado e/ou cavado, efectuándose posteriormente a plantación, abonado, e nos puntos necesarios a achega de terra vexetal.

Nas zonas de entulleiras onde non se realice a repoboación, serán hidrosementadas. Así mesmo, proxéctanse labores de regularización do terreo, principalmente para reduci-las pendentes e para evitar acúmulos de auga.

Como medidas protectoras e correctoras, no estudio indican a plantación de frondosas autóctonas nas beiras das lagoas Betula celtibérica, Salix atrocinerea, Alnus glutinosa, xunto con P. pinaster.

Para a minimización dos impactos paisaxísticos preexistentes, formula a plantación de apantallamentos visuais con Chamaecyparis lawsoniana, Cupressus sempervirens, Picea plugens galuca. Sobre noiros e entulleiras proxéctase hidrosementeira para a súa integración paisaxística.

A roza será mecánica, deixando o material rozado sobre o terreo para mellora-la súa calidade, e o subsolado en máxima pendente realizarase minimizando as posibles perdas de solo por procesos erosivos.

ANEXO II

Resultados das consultas realizadas

Do contido dos informes recibidos cabe destaca-las seguintes consideracións:

A Dirección Xeral de Industria informa favorablemente o proxecto.

O organismo autónomo Augas de Galicia non formula obxeccións ó proxecto, pois non produce ningunha alteración importante na planificación hidrolóxica da zona, sempre e cando se cumpran as medidas preventivas e correctoras especificadas no proxecto.

A Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural indica que non ten inconveniente en que as obras se desenrolan conforme o indicado no proxecto, xa que supoñen unha diminución da erosión na zona, o asentamento dos terreos e unha mellora do valor estético e da paisaxe afectada por unha antiga explotación mineira.

Indican así mesmo, unha proposta de seguimento ambiental que inclúe un informe e unha reportaxe gráfica das actuacións realizadas ó remate das obras e inspección delas pola Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.