Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.559

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 1999 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, con tramitación urxente, para a contratación dunha consultoría e asistencia para a realización dos traballos de campo para a enquisa continua de ocupación hoteleira e de expectativas hoteleiras.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato de consultoría e asistencia, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica-Administrativa.

c) Número de expediente: 640.1/30/02.

2. Obxecto do contrato:

Descrición do obxeto: traballos de campo para a enquisa continua de ocupación hoteleira e de expectativas hoteleiras.

Prazo de execución: 9 meses contados a partir da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 6.600.000 pesetas.

5. Garantía provisional: 132.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información: poderán retirala no Negociado do Rexistro do IGE, r/ Ramón Piñeiro, nº 27 Santiago de Compostela. C.P. 15702. Tlf: 981 54 13 21, e fax: 981 54 13 23.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: as empresas licitadoras deberán acredita-la súa solvencia económico-financeira e técnica ou profesional, de conformidade ó esixido no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas: presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 13 días contados a partir do seguinte o da publicación deste anuncio no DOG, no Rexistro do IGE en horario das 9 ás 14 horas, ou ben na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

9. Aperturas das ofertas: o quinto día seguinte ó do remate de presentación de proposicións, ás 12 horas nas dependencias do IGE; en caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

O importe deste anuncio, sera por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 1999.

José A. Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística