Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.554

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/77-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: ampliación subestación Tambre II-220/66 kV.

Situación: Noia.

Características técnicas: ampliación da subestación eléctrica Tambre II 220/66 kV, consistente en: un módulo de amarre de liña e transformador a 220 kV, constituído por: interruptor automático en SF6 A 2000 A, tres transformadores de intensidade, un transformador de tensión e tres autoválvulas de 10 kA. Un equipo principal: banco monofásico de transformación 220/66 kV de 4x100 MVA (unha de reserva). Un módulo de transformador 66 kV, constituído por interruptor automático en SF6 A 3000 A, tres seccionadores tipo pantografo para barras A 3000 A, un seccionador xiratorio para barras A 3000 A, un seccionador tripolar con C.P.T. A 3000 A, tres transformadores de intensidade e 6 autoválvulas de 10 kA. Sistema de control, proteccións e medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 24 de febreiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña