1. Autorización administrativa.
Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para o trazado das liñas eléctricas de referencia, as que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:
a) Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
b) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia, segundo o plan MEGA.
c) Trazado, datos básicos e localización: liña aérea de media tensión a 20 kV, con orixe na L.M.T. Gomeán-Sarria e remate no C.T. de Carballo, de 1.689 km de lonxitude, conductor LA-56/54,6 mm e apoios de formigón. Centro de transformación intemperie, en Carballo de 100 kVA 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión aérea, orixe no C.T. de Carballo cunha lonxitude de 2.185 km e apoios de formigón. Liña aérea de media tensión a 20 kV con orixe no P-7 L.M.T. a C.T. Carballo e remate no C.T. de Pacio, cunha lonxitude de 1.504 km conductor LA-56/54,6 mm e apoios de formigón. Centro de transformación intemperie, en Pacio, de 50 kVA
20.000/380-220 V. Liña aérea de baixa tensión, orixe no C.T. de Pacio, de 2.485 km de lonxitude e apoios de formigón.
2. Urxente ocupación.
O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións que, segundo o sinalado no artigo 54, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os afectados do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente Resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no que non se opoñan e ela nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa das sancións en materia de instalacións eléctricas.
3. Alegacións.
O que se fai público para que poidan examinarse os proxectos de instalacións nesta Delegación Provincial, edificio administrativo, Ronda da Muralla 70, Lugo, e formula-las reclamacións, por duplicado, que se estimen oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
Lugo, 22 de febreiro de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expediente: 16/1998. Provincia: Lugo.
L.M.T. a C.T. Pacio.Termo municipal: Sarria.
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Solo Voo
Nº Lugar Cultivo Nome e apelidos Enderezo nº apoio m ml m
27614 Lugo
27614 Lugo8 Chousos Labradío Hros. Julio García Seijido Vilapedre (Sarria)
2 1 60 600
61 Xunqueiros Prado Jesús López Taboada Vilapedre (Sarria)
10 1 1 80
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Solo Voo
Nº Lugar Cultivo Nome e apelidos Enderezo nº apoio m ml m
27614 Lugo19A Langoeiras Labradío Hros. de Dolores López García Vilapedre (Sarria)
10 100