Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/65-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Avda. do Porto, 14.

Situación: Sada.

Características técnicas: ramal L.M.T.S. a 15/20 kV de 138 m de lonxitude en conductor R.H.V.

de 240 mm Al que parte da L.M.T.S. Porto Deportivo Frente Xuventudes pasando polo C.T. proxectado en Avda. do Porto, 14 de 400 kVA. Concello de Sada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 18 de febreiro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña