Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.554

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado L.M.T.-C.T. Moimenta no concello de Lalín, a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. que foi declarada, en concreto, de utilidade pública, o cal leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, por resolución desta delegación do 8 de abril de 1998 (artigo 54.1º da Lei 54/1997, do sector eléctrico). (Expediente 265/1997 A.T.).

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 31.6º de Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, fáiselles saber a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto da liña de referencia que o día 8 de abril de 1999, a partir das 11 horas, se procederá sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación correspondentes ós predios situados no municipio de Lalín, sinalados cos números que en folla adxunta se detallan.

Así mesmo, os interesados serán notificados mediante cédula individual que se lles practicará coa debida anticipación legal, da data e hora na que, para cada un deles, terá lugar a dita dilixencia.

Ós ditos actos poderán ir acompañados polo seu perito ou dun notario pola súa conta, se así o consideran conveniente, conforme o artigo 52.3º da lei citada.

Vigo, 26 de febreiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 265/1997 A.T. Provincia: Pontevedra.

L.M.T.-C.T. Moimenta.Termo municipal: Lalín.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

3Penas do

Eido

Monte baixoClaudina Suengas VilariñoMoimenta, s/n

36500 Lalín

37472

5CascallalPradoLaudina Vázquez VarelaCamiño Novo, s/n

36500 Lalín

9114

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

6CascallalLabradíoLaudina Vázquez VarelaCamiño Novo, s/n

36500 Lalín

2138376

7CascallalPradoClaudina Suengas VilariñoMoimenta, s/n

36500 Lalín

70

11Fonte de

Abaixo

LabradíoAntonio Vilariño FraileMoimenta, s/n

36500 Lalín

55525

12PasadoiroLabradíoManuel García VázquezMoimenta, s/n

36500 Lalín

99

13PasadoiroLabradíoAlfredo Pedrida PardoMoimenta, s/n

36500 Lalín

3112

14PasadoiroLabradíoManuel García VázquezMoimenta, s/n

36500 Lalín

75