Convocada a concurso por resolución da Universidade de Santiago de Compostela, con data do 1 de xullo de 1998 (BOE do 21 de xullo) unha praza de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de didáctica da expresión musical, do departamento de Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal.
Tendo en conta a proposta da comisión xulgadora,
Este rectorado resolveu declarar concluído o procedemento e a non provisión da praza do corpo de profesor titular de escola universitaria.
F. Dario Villanueva Prieto
Rector da Universidade de Santiago de Compostela