Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.543

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1999 pola que se nomea o tribunal cualificador das probas selectivas convocadas por Resolución do 15 de febreiro de 1999 (DOG do 24) para ingreso na escala de técnicos de xestión desta universidade polo sistema de promoción interna.

Por Resolución do 15 de febreiro de 1999, (DOG do 24) convocáronse probas selectivas para ingreso na escala de técnicos de xestión da Universidade de Santiago de Compostela, polo sistema de promoción interna.

De conformidade co previsto no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e co fin de dar solución ó disposto na base 5.1 da Resolución do 15 de febreiro, pola que se convocan prazas de técnico de xestión da Universidade de Santiago de Compostela, o tribunal cualificador estará composto por:

Tribunal titular.

Presidente: José M. Villanueva Prieto, vicexerente da Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

Carlos Gómez Otero, xefe do Servicio da Asesoría Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela.

Xavier Gárate Castro, catedrático de dereito do traballo da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

Francisco Carracedo Doce, xefe do Servicio de Xestión Económica da Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: Roberto Blanco Valdés, catedrático de dereito constitucional da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, que actuará con voz e voto.

Tribunal suplente.

Presidente: Manuel Clavero Iglesias, xefe do Servicio de Contabilidade e Presupostos da Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

Xavier Ferreira Fernández, profesor titular de dereito administrativo da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

Luis Míguez Macho, profesor titular de dereito administrativo da Facultade de Dereito de Ourense da Universidade de Vigo.

Isabel Lirola Delgado, profesora titular de dereito internacional da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

Secretaria: Dulce Mª García Mella, xefa da Sección de Control Interno da Universidade de Santiago de Compostela, que actuará con voz e voto.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 1999.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela