Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.540

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1999 pola que se convoca un curso de formación en procedementos estatísticos para o persoal da Administración local.

En cumprimento do Decreto 358/1998, do 27 de novembro, polo que se aproba o programa estatístico anual e en execución da operación estatística denominada «Formación en procedementos estatísticos», subscribiuse o 24 de abril de 1998 un convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Estatística e a Escola Galega de Administración Pública, para a xestión do programa de formación en materia estatística, polo que se convoca este curso, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Denominación.

Coñecemento e tratamento das fontes de datos dispoñibles.

Segunda.-Obxectivos.

Proporcionar formación ó persoal da Administración local que, no desempeño do seu posto de traballo, realice tarefas estatísticas, co fin de actualiza-los seus coñecementos respecto ás fontes de datos dispoñibles, a correcta utilización dos instrumentos adecuados para a recollida de datos, o tratamento básico deles e a súa utilización na elaboración de informes.

Terceira.-Destinatarios.

Funcionarios da Administración local que, no desempeño do seu posto de traballo, realicen funcións relacionadas coa estatística.

Cuarta.-Solicitudes.

O persoal que desexe participar no curso programado deberá solicitalo coa presentación da instancia e certificación que, como modelos oficiais, se recollen nos anexos I e II desta resolución, e cubrilos en tódolos epígrafes. Para a descrición das tarefas do posto de traballo que teñan especial relación co obxecto do curso poderán, de ser preciso, xuntar unha folla adicional.

As solicitudes irán dirixidas ó director da EGAP, e presentaranse no Rexistro da Escola Galega de Administración Pública, rúa de Madrid 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou nas dependencias que se sinalan no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación das solicitudes rematará o 14 de abril de 1999.

Quinta.-Selección.

As solicitudes serán seleccionadas segundo os seguintes criterios:

Contido estatístico das tarefas desempeñadas no seu posto de traballo.

Grao de coñecemento en materia estatística.

Desempeño de traballos relacionados con rexistros administrativos.

En calquera caso, os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994, pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades da EGAP (DOG nº 149, do 3-8-1994).

Sexta.-Desenvolvemento.

Duración: 42 horas.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), polígono das Fontiñas, rúa de Madrid 2-4, 15707 Santiago de Compostela.

Datas: 28, 29, 30 de abril e 3, 4 e 5 de maio de 1999.

Horario: mañás, das 10 ás 14 horas, e tardes das 16 ás 19 horas.

Prazas: máximo de 30.

Sétima.-Modificacións.

Os órganos convocantes resérvanse a facultade de interpretar e resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento do curso así como de cancelalo se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Oitava.-Certificados de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso. Calquera inasistencia deberá ser xustificada. A falta de asistencia inxustificada ó 15% das horas lectivas programadas imposibilitará a expedición do certificado.

A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada a máis do 15% das horas lectivas programadas imposibilitará a expedición do certificado, e dará lugar á baixa no curso con perda de tódolos dereitos.

Novena.-Contido.

Análise da organización estatística na Comunidade Autónoma de Galicia. O Instituto Galego de Estatística. Lei, plan e programas estatísticos. Principais datos dispoñibles para unha análise socioeconómica a nivel municipal: a súa orixe e formas de obtención. Análise básico dos datos. As táboas e representacións gráficas. Cómo resumi-la información que conteñen os datos. Principais características. A relación entre dúas ou máis variables. Técnicas para a súa análise. Estudio das principais estatísticas socieconómicas. A elaboración dun informe estatístico a nivel municipal. As follas informativas.

O curso inclúe clases de tipo práctico para ilustra-lo contido do programa.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 1999.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO II

D..., secretario xeral ou responsable dos servicios da Corporación Local de...

CERTIFICO:

Que don/a..., no desempeño do seu posto de traballo de..., realiza tarefas directamente relacionadas co contido do curso.

..., ... de... de 1999.

Asdo.: ...