Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.536

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Setex-Aparki, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Setex-Aparki, S.A. (código 2700652), da provincia de Lugo, asinado o día 3 de febreiro de 1999, pola representación da citada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 11 de febreiro de 1999.

P.D. (Decreto 227/1998, do 10 de xullo)

Rafael Díaz Iglesias

Secretario

Convenio colectivo para os traballadores da empresa Setex-Aparki, S.A., de Lugo. Año 1999

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio regula as relacións laborais entre a empresa Setex-Aparki, S.A., e o seu persoal.

Artigo 2º.-Ámbito xeográfico.

O ámbito xeográfico do presente convenio circunscríbese á cidade de Lugo.

Artigo 3º.-Duración.

O convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1999, con independencia da súa publicación no BOP. A súa vixencia estenderase ata o 31 de decembro de 1999.

Os seus efectos económicos retrotraeranse ó 1 de xaneiro de 1999.

Artigo 4º.-Denuncia.

Calquera das partes asinantes poderá denuncia-la expiración da vixencia do citado convenio, e deberán facelo cun mínimo de 3 meses antes do respectivo vencemento.

A denuncia efectuarase mediante comunicación fidedigna á outra parte e á Dirección Provincial de Traballo.

De non ser denunciado en tempo e forma por ningunha das partes, prorrogarase automaticamente por anualidades naturais, elevando os conceptos económicos na mesma proporción en que o faga o IPC previsto para ese ano máis un punto.

Denunciado o convenio, se as negociacións se estendesen por un período superior á súa vixencia, entenderase prorrogado este ata a entrada en vigor do novo convenio.

Artigo 5º.-Vinculación á totalidade.

No suposto de que a xurisdicción laboral declarase contrario ás disposicións legais vixentes no momento do asinamento do convenio algún dos seus pactos, o convenio quedará nulo na súa totalidade e ámbalas partes comprométense a renegocialo de novo.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

Co obxecto de velar pola correcta aplicación e cumprimento do contido do presente convenio, créase unha comisión mixta paritaria que entenderá de tódalas cuestións relacionadas coa interpretación das normas contidas nel.

A comisión mixta paritaria estará formada por 2 traballadores (nomeados polo sindicato máis representativo dentro da empresa) e 2 representantes da empresa. Cada parte poderá nomear 1 asesor, que terá voz pero non voto.

Para que exista acordo requirirase o voto acorde da metade máis un dos membros da comisión.

Das reunións celebradas pola comisión levantarase acta na que figurarán as decisións tomadas; as actas deberán ser asinadas pola totalidade dos membros asistentes a elas.

A comisión reunirase cando o solicite unha das partes.

Capítulo II

Xornada laboral

Artigo 7º.-Xornada.

A xornada, en cómputo anual, será de 1.800 horas.

Artigo 8º.-Horarios.

As quendas de traballo poderán ser continuadas ou partidas. Naqueles casos en que se realicen de forma continuada, haberá un período de descanso de 30 minutos.

Entre quenda e quenda de traballo terán que transcorrer como mínimo doce horas.

Os días de descanso, en cómputo anual, serán os mesmos para todo o persoal.

A organización do traballo é competencia da empresa, aínda que os cuadrantes de traballo serán negociados entre os representantes dos traballadores e da empresa.

Artigo 9º.-Vacacións.

Todo o persoal desfrutará de vacacións retribuídas de 33 días naturais. Aqueles traballadores cunha antigüidade inferior a un ano desfrutarán dos días correspondentes por vacacións de forma proporcional á súa antigüidade.

O calendario laboral de vacacións será pactado entre a empresa e a representación dos traballadores. Para tal efecto, os representantes presentarán unha proposta de cadro de vacacións antes do 30 de outubro de cada ano.

Artigo 10º.-Permisos e licencias.

Os traballadores poderán desfrutar de permiso retribuído nos seguintes casos:

-Por nacemento de fillo/a: 4 días.

-Por matrimonio do traballador/a: 20 días.

-Por enfermidade grave ou falecemento do cónxuxe ou parella estable, ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 4 días.

-Por matrimonio de fillos ou pais: 1 día.

-Cando se teña que realizar un desprazamento de máis de 100 km, corresponderalle un día máis, se é o caso.

-En caso de visita médica nos servicios da Seguridade Social e mediante xustificación de consulta, concederase o tempo necesario para ela.

-O traballador terá dereito a desfrutar de xornada retribuída de 4 días por asuntos propios. Como único requisito para a súa adxudicación, esixirase a súa petición por escrito cunha anticipación de 48 horas,

como mínimo. Cando a petición dalgúns destes días sexa realizada por máis do 10% do cadro de persoal activo nesa data, a representación legal dos traballadores e da empresa abordarán as condicións precisas para o seu desfrute.

Capítulo III

Ascensos

Artigo 11º.-Ascensos e promocións.

Cando na empresa se produzan vacantes, se creen e aumenten certos postos de traballo (tanto mandos intermedios como de categorías medias), antes de contratar a persoas alleas a ela, tratarase de cubrir estas prazas con traballadores do cadro de persoal; as vacantes que estes orixinen pasaranse a cubrir coas novas contratacións.

Cando un traballador realice traballos de categoría superior durante máis de 90 días ininterrompidos ou de 120 días alternos dentro do mesmo ano, concederáselle a categoría superior, e figurará con ela na correspondente escala.

Tódolos traballadores terán dereito á formación profesional e á promoción no traballo, segundo establece o Estatuto dos traballadores no seu artigo 22.

Tódolos traballadores que realicen estudios ou formación profesional en centros oficiais poderán solicitar quenda de traballo adecuada a eles, a concesión da cal, logo de estudio e aprobación, se realizará por acordo entre os representantes dos traballadores e a empresa. Os permisos necesarios non excederán de 8 días naturais ó ano retribuídos, para concorrer a exames, sen alteración nin diminución dos seus dereitos laborais.

Capítulo IV

Axudas sociais

Artigo 12º.-Incapacidade temporal (IT).

Aboarase o 100% en tódolos casos, sen límite algún de tempo.

Artigo 13º.-Xubilación.

Será recomendada ós 64 anos, sempre que o traballador teña cuberto o período de carencia na Seguridade Social, para tal efecto e segundo o estipulado no Real decreto 1194/1995 a empresa comprométese a substituí-lo traballador xubilado por outro contratado nas mesmas condicións.

Establécese para o persoal que se xubile anticipadamente unha gratificación na contía seguinte:

Ós 63 anos: 425.000 ptas.

Ós 62 anos: 500.000 ptas.

Ós 61 anos: 525.000 ptas.

Ós 60 anos: 575.000 ptas.

Capítulo V

Dereitos sindicais

Artigo 14º.-Información sobre a contratación.

A dirección da empresa estará obrigada a facilitarlles ós representantes sindicais información periódica sobre contratación, que incluirá:

a) Previsións en materia de emprego e contratación.

Modalidades de contratación.

-Grao de cumprimento das previsións anteriores. Esta información entregarase trimestralmente.

b) Os sindicatos asinantes do presente convenio serán consultados previamente á adopción de decisións empresariais en materia de:

-Número de traballadores que se deben contratar.

-Modalidade de contratos e número deles.

-Datas de celebración de contratos e duración deles.

-Modo de selección de persoal.

En caso de que as decisións empresariais non se realicen, logo de consulta cos representantes sindicais, entenderanse inexistentes as circunstancias que xustifican a contratación temporal e por tanto as relacións laborais serán consideradas como indefinidas.

Capítulo VI

Seguridade e hixiene

Artigo 15º.-Vestiario.

Servicio ORA:

-Un anorak impermeable.

-Dous pantalóns.

-Dúas saias.

-Dúas camisas de manga longa para o inverno.

-Dúas camisas de manga curta para o verán.

-Unha chaqueta que faga xogo coa saia ou pantalón.

-Un par de zapatos para o verán.

-Un par de botas para o inverno.

-Unha gravata.

-Dous pares de calcetíns de verán.

-Dous pares de calcetíns de inverno.

-Medias para o persoal feminino.

-Unha gorra.

-Un par de luvas de pel.

As roupas de traballo e calzado serán renovables de ano en ano.

Ós traballadores que por necesidades físicas e prescrición facultativa precisaran modificacións nas súas pezas de roupa de traballo, estas seranlles efecutadas con cargo á empresa.

Artigo 16º.-Asistencia xurídica.

Tódolos traballadores terán dereito a que a empresa lles proporcione a asistencia de avogado e procurador desde o inicio á fin do proceso xurídico nos casos en que pola prestación e durante o desenvolvemento do seu cometido, se producise algún tipo de agresión por terceiros, alleos á empresa, sempre que o traballador non incorrese en neglixencia ou comportamento doloso ou culpable.

Artigo 17º.-Seguro de morte ou invalidez.

Establecerase unha póliza de seguros por morte ou invalidez para cada un dos traballadores da empresa durante a súa permanencia en activo nela, consistente nunha indemnización de 4.000.000 de pesetas en caso de morte natural e de 4.000.000 de pesetas en caso de morte ou invalidez por accidente, quedando exentos desta póliza tódolos traballadores maiores de 65 anos. A póliza producirá efectos a partir da data en que se asine o citado convenio. As primas dese seguro será por conta da empresa, a cal deberá dar copia ós representantes legais dos traballadores.

Indemnizacións por falecemento. A empresa aboará tres mensualidades compostas por salario base e antigüidade do mes completo en que faleza, sen ter en conta o día en que tal feito ocorra; a cantidade que se aboará por luctus será de 150.000 ptas.

Artigo 18º.-Protección do embarazo.

A traballadora xestante terá dereito a ocupar durante o seu embarazo un posto de traballo e unha quenda distinta á súa, se existe prescrición do facultativo que atenda o embarazo, sen modificación de categoría nin mingua nos seus dereito económicos.

Durante a baixa por IT por embarazo, a traballadora terá dereito a percibi-lo 100% de tódolos seus conceptos salariais.

A traballadora embarazada terá dereito a permisos retribuídos por preparación ó parto, así como elixi-la data das súas vacacións regulamentarias. Os cursos de preparación ó parto realizaranse fóra de horas laborables, sempre e cando exista un centro para iso.

Artigo 19º.-Pagas extraordinarias.

Establécense dúas pagas extraordinarias, en contía de salario base, pluses e antigüidade, que serán aboadas, a de verán coa nómina do mes de xuño e a de Nadal con anterioridade ó 20 de decembro.

Así mesmo, establécese unha participación nos beneficios que consistirá no reparto lineal entre tódolos traballadores dunha cantidade equivalente ó 2% do remanente anual obtido no servicio ORA. Este remanente xustificarase mediante as liquidacións presentadas ó concello correspondente ó ano ante

rior. Esta paga farase efectiva durante os 3 meses seguintes ó devengo. O aboamento farase efectivo antes do 31 de marzo de cada ano.

Artigo 20º.-Antigüidade.

O persoal afectado polo presente convenio devengará as antigüidades de acordo coas seguintes táboas:

De 3 a 6 anos: 5%.

De 6 a 9 anos: 10%.

De 9 a 12 anos: 15%.

De 12 a 15 anos: 20%.

De 15 a 18 anos: 25%.

De 18 a 21 anos: 34%.

De 21 a 24 anos: 48%.º

De 24 ou máis anos: 58%.

Estas porcentaxes aplicaranse sobre o salario base vixente en cada momento.

Artigo 21º.-Quebranto de moeda.

Aboaráselle a cada traballador un 2% sobre cada tarxeta que sexa vendida por el mesmo. O seu devengo realizarase antes de finaliza-lo primeiro e segundo semestre de cada ano.

Capítulo VII

Retribucións

Artigo 22º.-Mantemento de emprego.

O número de traballadores fixos será de 14 como mínimo. Non obstante a empresa comprométese a aumentar, na medida do posible, o número de traballadores de contratación ata chegar a 17, durante a vixencia do convenio.

Artigo 23º.-Táboas salariais para 1999 (segundo anexo I).

Artigo 24º.-Incremento salarial 1999.

Acórdase un incremento salarial segundo táboas.

Ó mesmo tempo, tódolos traballadores percibirán unha paga de compensación social que se cobrará na nómina do mes de setembro de 1999 por importe de 30.000 pesetas.

ANEXO I

Táboa salarial ano 1999

CategoríasSalario bruto

mensual 99

Salario base

x 14 pagas

Incentivo

x 14 pagas

Transporte

x 14 pagas

Vixilante114.33086.5205.15022.660
Cond. Mant.166.000108.00017.70040.300
Of. Mantem.155.00096.00020.30038.700
Admtvo.159.95992.70021.52745.732