Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.518

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 25 de marzo de 1999, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

A esixencia de adecua-lo cadro de persoal de determinados centros de menores ás súas necesidades, así como a reconversión das prazas de directores dos devanditos centros, establecendo a súa vinculación laboral, fan necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo dos servicios periféricos da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Por todo isto, por proposta da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecinco de marzo de mil novecentos noventa e nove, adoptou o seguinte acordo:

1. Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

2. Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

3. Clasificar como postos de libre designación, de acordo coas motivacións que se especifican, os seguintes:

CódigoDenominaciónMotivación

FA.C99.40.401.15001.001Director Ctro. Menor Xesús de Nazareth (A Coruña)
FA.C99.40.401.15350.001

FA.C99.40.401.27550.001

FA.C99.40.401.32001.001

FA.C99.40.402.32001.001

FA.C99.40.401.36001.001

Director Ctro. Menores Soutomaior (Ferrol)

Director Ctro. Menores Sto. Anxo da Garda (Rábade)

Director Ctro. Menores A Carballeira (Ourense)

Director Ctro. Menores Montealegres (Ourense)

Director Ctro. Menores A. Montero (Pontevedra)

Natureza social do centro.

Artigo 7.2º b do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG nº 249, do 28 de decembro de 1994) e artigo 12 da Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais (DOG nº 76, do 23 de abril de 1993).

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vintecinco de marzo de mil novecentos noventa e nove, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública