Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.520

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECIÓN de erros.-Orde do 14 de xaneiro de 1999 pola que se convocan axudas a alumnos e profesores de centros públicos docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidos con fondos públicos que participen en estadías e intercambios con centros educativos doutros países da Unión Europea, para favorece-la aprendizaxe activa de linguas e para realizar estadías en empresas.

Advertido erro na dita orde publicada no DOG número 42, do martes, 2 de marzo de 1999, é necesario efectua-la seguinte rectificación: na páxina 2.322 do punto quinto.-Solicitudes, o punto 1, onde di: «As solicitudes poderán presentarse desde o día

seguinte á publicación desta orde no DOG, ata quince días antes de realiza-la actividade, sendo o último día o 1 de outubro de 1999, inclusive», debe dicir: «As solicitudes poderán presentarse desde o día seguinte á publicación desta orde no DOG, sendo o último día o 1 de outubro de 1999, inclusive».