Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.518

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se anuncia a exposición pública das listas provisionais das axudas admitidas e excluídas de tódalas prestacións do fondo de acción social do ano 1998 para o persoal transferido do Inem polo Real decreto 1375/1997, do 29 de agosto, e polo Real decreto 232/1998, do 16 de febreiro, ó servicio da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido no punto 7 das normas xerais de procedemento do acordo subscrito en Santiago de Compostela o 2 de xullo de 1998, polos representantes da Administración autonómica e a organización sindical Converxencia Intersindical Galega (CIG), representada na mesa xeral de negociación de funcionarios e do comité intercentros do persoal laboral, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 10 de xullo de 1998 e publicado por Resolución do 17 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais (Diario Oficial de Galicia nº 146, do 30 de xullo) deben publicarse as listas provisionais das axudas de acción social do ano 1998 para o persoal transferido do Inem polo Real decreto 1375/1997, do 29 de agosto, e polo Real decreto 232/1998, do 16 de febreiro, ó servicio da Xunta de Galicia.

De conformidade con isto, esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro.-Facer públicas as listas provisionais das solicitudes aprobadas e denegadas das prestacións correspondentes ás continxencias de subvencións de alugueres, adquisición de vivenda, subvención de préstamos hipotecarios, estudio, educación dos fillos dos traballadores e tratamentos de saúde e gastos de enterro da acción social do ano 1998, que están expostas no taboleiro de anuncios das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e as súas delegacións provinciais.

Segundo.-As solicitudes admitidas provisionalmente poderán ser denegadas nas listaxes definitivas en función do tope de percepción salarial que, de se-lo caso, fixe a Comisión de Acción Social, en aplicación do disposto no acordo sobre criterios de reparto.

Terceiro.-Poderase presentar escrito e, se é o caso, documentación de reposición de faltas e erros no prazo de dez días hábiles a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e do recollido na norma 7 de procedemento do acordo sobre criterios de reparto do fondo de acción social para o exercicio de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 146, do 30 de xullo) no rexistro xeral da Consellería da Presidenciaa e Administración Pública, nas delegacións provinciais das distintas consellerías e nas oficinas de correos, segundo o que establece o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e dirixidas ó director

xeral da Función Pública (edificios administrativos San Caetano), 15771 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública