Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 26 de marzo de 1999 Páx. 3.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 1 de marzo de 1999, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para ordenación de soar na Avda. Rosalía de Castro e rúa Lucena-O Carril (2ª fase), promovido por Rualede, S.L. e redactado por Estingar, S.L.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, significando que contra o indicado acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Vilagarcía de Arousa, 4 de marzo de 1999.

Joaquín J. Gago López

Alcalde