Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 26 de marzo de 1999 Páx. 3.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión celebrada o día 22 de xaneiro de 1999, acordou aprobar definitivamente o plan parcial da Maroma, promovido pola Xunta de Compensación A Maroma e redactado polo arquitecto Enrique Porto Rey.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, facendo constar que contra o citado acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir

da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Vilagarcía de Arousa, 26 de febreiro de 1999.

Joaquín J. Gago López

Alcalde