Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 26 de marzo de 1999 Páx. 3.510

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación do servicio de mantemento integral da iluminación pública no concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello deVigo. Dependencia: Aforro Enerxético, Patrimonio e Contratación. Nº expediente 11977/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: servicio de mantemento integral da iluminación pública do concello de Vigo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo do contrato: 4 anos

3. Tramitación, procedemento e forma de axudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 110.000.000 de ptas./ano (661.113,31 euros).

5. Garantía: provisional: 2.200.000 ptas.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pz do Rei, s/n., 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo III, subgrupo 7, categoría d.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas: data límite: 10 de maio de 1999.

Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo. Pz do Rei, s/n., 36202 Vigo.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase ó recollido na cláusula 10 do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 17 de marzo de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde