Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 26 de marzo de 1999 Páx. 3.510

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO.

Anúnciase a contratación das obras que a continuación se indican, polo sistema de poxa con procedemento aberto e trámite de urxencia.

a) Saneamento Somoza 1ª fase.

Orzamento de licitación: 12.000.000 de ptas.

b) Beirarrúas en Araño.

Orzamento de licitación: 7.000.000 de ptas.

Pregos de tipos de cláusulas administrativas particulares.

a) Serán as vixentes para a contratación, mediante poxa, con procedemento aberto, das obras comprendidas nos plans de obras e servicios e outras obras provinciais da Deputación Provincial da Coruña (BOP nº 282 do 9-12-1996).

b) Fianza provisional: 2% do prezo de licitación.

Presentación de proposicións.

Durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no último diario oficial no que se publique (DOG o BOP), no rexistro da corporación en horario de oficina de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Apertura de proposicións.

Terá lugar ás 13.30 horas do terceiro día hábil seguinte ó da conclusión do prazo de presentación de proposicións (se coincide con sábado trasladarase ó primeiro día hábil seguinte).

Modelo de proposicións e documentación.

O recollido nos artigos 12 a 14 do prego mencionado (BOP do 9-12-1996).

Este anuncio será por conta do adxudicatario.

Rianxo, 8 de marzo de 1999.

Pedro Piñeiro Hermida

Alcalde