Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 26 de marzo de 1999 Páx. 3.510

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-335).

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 5 de febreiro de 1999, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para a ordenación de volumes e rectificación de aliñacións dos cuarteiróns M-11, M-12, M-7 e M-3b, do polígono nº 2 do plan parcial as Galeras, en Bastiagueiro-Liáns.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa), nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborables, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se coiden oportunas.

Oleiros, 25 de febreiro de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta