Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 26 de marzo de 1999 Páx. 3.508

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COIRÓS

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto para a subministración dun tractor, pa e desbravadora.

Obxecto: subministración dun tractor, pa e desbravadora.

Tipo de licitación: 11.000.000 de pesetas.

Dependencia onde está o expediente: oficinas xerais.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, dentro do prazo de trece días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a catorce.

Apertura de plicas: será pública e será na casa do concello ás catorce horas do día seguinte solto ó día en que termine o prazo de presentación de proposicións.

Fianza provisional: non se esixe.

Fianza definitiva: 440.000 pesetas.

Prego de cláusulas administrativas que rexe este contrato: o que se publica con este anuncio como prego de cláusulas administrativas particulares para esta subministración.

Coirós, dez de marzo de mil novecentos noventa e nove.

Selado e rubricado

Prego de cláusulas administrativas

que rexerán o concurso

1. Obxecto: o obxecto do presente contrato é a subministración dun tractor, unha pa e unha desbravadora, coas características mínimas que sinala o prego de prescricións técnicas.

2. Financiamento da subministración: a subministración obxecto do contrato financiarase con cargo á subvención finalista da Deputación Provincial da Coruña, mediante o Plan 2000 de Baixas, anualidade de 1998.

3. Pago do prezo: o pago do prezo aboarase unha vez recibida a subvención da deputación.

4. Cumprimento do contrato: a subministración efectuarase no prazo dun mes. Do acto de entrega redactarase acta de recepción, na que se fara constar se a subministración está en condicións ou non. Neste último caso o contratista procederá a unha nova subministración. No caso de non procederse á substitución a Administración queda exenta da obriga do pagamento ou adquire o dereito a recuperalo pagado.

5. Tipo de licitación: o orzamento do contrato que serve de base á licitación é de once millóns de pesetas (11.000.000 de pesetas).

6. Capacidade para contratar: poderán concursar por si ou por medio de representantes as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que tendo plena capacidade para obrar, non estean comprendidas nas circunstancias que enumera o artigo 20 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das adminis

tracións públicas, modificado pola Lei 9/1996, do 15 de xaneiro.

7. Garantía provisional: non se esixe a súa presentación.

8. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: o presente prego exporase ó público simultaneamente co anuncio para a presentación de proposicións, podéndose presentar reclamacións contra o prego, no prazo de oito días soltos seguintes ó da publicación do anuncio. Se se presentaren reclamacións, o prazo para a presentación de proposicións suspenderase, reiniciándose o que reste a partir do día seguinte ó da resolución daquelas.

9. Procedemento e forma de adxudicación: o contrato adxudicarase por concurso con procedemento aberto.

10. Proposicións: lugar e prazo de presentación: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello, en horas de 9 a 14, durante o prazo de trece días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP e no DOG.

11. Proposicións: documentación: as proposicións serán en dous sobres pechados, chamados A e B.

Sobre A: chamado «Oferta económica», que conterá a oferta económica de acordo co seguinte modelo:

«Don/Dona....., con domicilio en...., con DNI núm....., no nome (propio ou en representación de.....) participo no concurso con procedemento aberto convocado para a adxudicación dun tractor, pa e desbravadora, con suxeición ó presente prego e ó de cláusulas técnicas, nas seguintes condicións:

1) Que ofrece o prezo de.... pesetas.

2) Calidade:

3) Prazo de entrega:

4) Condicións funcionais:

Coirós,..... de.... de 1999.

O licitador (asinado e rubricado)».

A proposición poderá conter ofertas alternativas, en función das variantes que ofreza. Cada licitador poderá presentar unha soa proposición.

Sobre B: chamado «Documentación», que conterá a seguinte documentación, orixinal ou fotocopia compulsada polo secretario do concello ou persoa en quen delegue:

1) Documento nacional de identidade do licitador se é persoa individual ou escritura de constitución, rexistrada, se se trata de persoa xurídica.

2) Poder notarial cando se actúe como representante, que será verificado polo secretario da corporación.

3) Declaración de non estar incurso o licitador en prohibicións ou incompatibilidades do artigo 20 da Lei de contratos das administracións públicas.

4) Certificación ou documento que acrediten estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

5) Documento que acredite o pagamento do imposto de actividades económicas referida á actividade sobre a que se oferta.

6) Subministracións efectuadas nos tres últimos anos cos seus correspondentes certificados acreditativos.

7) Mostras, descricións ou fotografías dos productos que se van subministrar.

A falta de calquera sobre ou punto do contido deles ou documentación que os xustifique, que sexan obrigatorios, será motivo de exclusión do proceso, sen que se poida conceder prazo ningún para solucionar deficiencias.

12. Apertura de plicas: a mesa de contratación -que estará formada polo alcalde ou concelleiro en quen delegue, os tenientes de alcalde primeiro, segundo e terceiro ou concelleiros en quen deleguen, o secretario ou funcionario en quen delegue, que actuará ó mesmo tempo como secretario da mesa-, abrirá as plicas en acto público, que terá lugar na Casa do Concello ás catorce horas do día solto seguinte a aquel no que termine o prazo de presentación de proposicións (de coincidir en sábado a apertura faríase o día solto seguinte a este).

13. Criterios de adxudicación: establécense os seguintes:

a) Mellor calidade técnica e prestacións: valorarase ata catro puntos.

b) Menor prezo ofertado: valorarase ata dous puntos.

c) Menor prazo de entrega: ata dous puntos.

d) Mellor servicio de mantemento e garantía: ata dous puntos.

14. Adxudicación definitiva: o órgano de contratación, recibida a documentación da mesa de contratación, dictará resolución, adxudicando o contrato á proposición máis vantaxosa, sen atender só ó valor económico ou deixar deserto o concurso.

15. Fianza definitiva: notificada a adxudicación do concurso, o adxudicatario, no prazo de cinco días soltos, contados desde o día da notificación, constituirá a garantía definitiva, polo importe do 4% do orzamento de adxudicación.

16. Formalización do contrato: a formalización do contrato farase en documento administrativo, na data que sinale a Administración contratante, dentro do prazo dos trinta días naturais desde a data de notificación da adxudicación.

17. Gastos por conta do adxudicatario: serán por conta do adxudicatario, os seguintes gastos:

-Os dos anuncios que xere o concurso e os preparatorios e de formalización do contrato.

-O pagamento do IVE que se entenderá incluído no prezo de adxudicación.

-Os demais que deriven do contrato (transporte ó lugar da subministración).

18. Revisión de prezos: pola duración do contrato non é aplicable a revisión de prezos a este.

19. Indemnización ó contgratista por forza maior: o contratista non terá dereito a que se lle indemnicen os danos que se lle produciran por perdas, avarías ou prexuízos nos bens, antes da súa entrega, agás que a Administración incorrera en mora antes de recibilos.

20. Responsabilidade. Danos: a Administración, durante o prazo de garantía terá dereito á reposición ou reparación, se fose suficiente, do material subministrado se tivese vicios ou defectos.

Se a Administración constatase durante o prazo de garantía, que a subministración non é apta para o fin pretendido, como consecuencia de vicios ou defectos imputables ó contratista, e fose presumible que a súa reposición ou reparación non son suficientes para conseguir aquel fin, poderá, no prazo, rexeitalos e deixalos por conta do contratista.

21. Resolución do contrato: o contrato poderá extinguirse por algunha das causas de resolución enumeradas nos artigos 112 e 193 da Lei de contratos das administracións públicas.

22. Réxime xurídico: no non previsto no presente prego, haberá que aterse ó disposto na Lei de contratos das administracións públicas e demais disposicións aplicables en vigor.

Coirós, dez de marzo de mil novecentos noventa e nove.

Selado e rubricado