Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 26 de marzo de 1999 Páx. 3.507

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PASTORIZA

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno deste concello, en sesión celebrada o día 6 de marzo deste ano, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán na contratación das obras do proxecto de reconstrucción de infravivenda rural, 1ª fase, de Mario López Seco, en Seselle (Bretoña), exponse ó público na secretaría deste concello polo prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, para efectos de exame e reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase a contratación da dita obra, se ben, no suposto de presentárense reclamacións contra o prego de cláusulas, o concurso aprazarase cando resulte necesario, ata que sexan resoltas pola propia corporación.

1. Entidade adxudicadora:

a) Concello da Pastoriza.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: reconstrucción de infravivenda rural, 1ª fase, de Mario López Seco, en Seselle (Bretoña).

b) Lugar de execución: Concello da Pastoriza.

c) Prazo de execución: dous meses.

3. Orzamento base de licitación, importe total: 3.500.000 pesetas, IVE incluído.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

5. Garantías:

a) Provisional: 70.000 pesetas.

b) Definitiva: 140.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello da Pastoriza.

b) Domicilio: Praza de Galicia, nº 1.

c) Localidade e código postal: A Pastoriza, 27287.

d) Teléfono: 982 33 21 97.

e) Fax.: 982 33 22 33.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: trece días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da última publicación.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 18 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Concello da Pastoriza, Praza de Galicia, nº 1.

8. Apertura de ofertas: no salón de sesións deste concello ás trece horas do quinto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

9. Criterios que servirán de base para a adxudicación:

Antecedentes relativos a obras de natureza análoga realizadas polo contratista para as distintas administracións públicas, ata oito puntos.

Unidades de obra adicional, ata catro puntos.

Prezo, ata dous puntos.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Pastoriza, 16 de marzo de 1999.

José Yáñez García

Alcalde