Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 26 de marzo de 1999 Páx. 3.511

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA

ANUNCIO da apertura do prazo de presentación de solicitudes de ingreso.

De acordo co establecido na disposición transitoria primeira da Lei 2/1999, do 24 de febreiro, de creación do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (DOG 47, do 9 de marzo), que entrou en vigor o día 10 de marzo de 1999, queda aberto o prazo de seis meses previsto para a inscrición de todos aqueles xornalistas que queiran formar parte do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes rematará ás 20 horas do día 30 de setembro de 1999.

As instancias, co modelo de imprexo que se xunta, ou o que se pode solicitar nas asociacións, poden entregarse persoalmente por duplicado, ou por correo certificado, nas asociacións de xornalistas ou na sede provisional da comisión xestora, co enderezo seguinte:

Comisión de Admisión do Colexio de Xornalistas de Galicia

Avda. da Coruña, nº 6, baixo.

15706 Santiago de Compostela.

Arturo Maneiro Vila

Presidente da Comisión Xestora do Colexio

Profesional de Xornalistas de Galicia