Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 26 de marzo de 1999 Páx. 3.503

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1999 pola que se anuncia a contratación dos servicios de aloxamento, comidas, hostalería en xeral e transporte en autobús na xira do Ballet Galego Rey de Viana durante o ano 1999.

A Xerencia do IGAEM, cara a execución da programación de actividades aprobada polo Consello Rector do instituto cara ó ano 1999, resolveu convoca-la contratación dos servicios de aloxamento, comidas e hostalería en xeral e o de transporte en autobús durante a xira do Ballet Galego Rey de Viana durante o presente ano xacobeo, segundo o seguinte detalle:

1. Entidade adxudicadora.

a) Institución: Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Persoal e Xestión Económico-Administrativa.

c) Número de expediente: LCE-SER-1/99.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: a contratación dos servicios de aloxamento, comidas, hostalería en xeral e transporte en autobús na xira do Ballet Galego Rey de Viana durante o ano 1999.

b) División por lotes e número:

Lote 1: reservas de aloxamento en hoteis, albergues, hostais, paradores e similares tanto nacionais como estranxeiros. Servicios de restaurante para comidas e ceas. Colectivo: corpo de baile e persoal técnico do Ballet Galego Rey de Viana (Aprox. 71 persoas).

Lote 2: servicios de transporte en autobús para desprazamentos pola xeografía nacional. Características do autobús: autobús de dous pisos con capacidade para 80 persoas.

c) Lugar de execución: servicios que se executarán en distintas poboacións nacionais e estranxeiras conforme a execución da xira do Ballet Galego Rey de Viana. Sede do ballet: A Coruña.

d) Prazo de execución: durante a duración da xira no presente ano xacobeo.

3. Tramitación, procedemento e xeito de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: lote 1: 16.000.000 de ptas.

Lote 2: 2.300.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Institución: Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM).

b) Enderezo: Pavillón de Galicia. San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 57 71 26.

e) Fax: 981 57 71 27.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: os necesarios para o exercicio da actividade conforme a base 6 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe para a contratación.

8. Presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación: décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio.

b) Documentación que hai que presentar: a requirida na base 7 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe para a contratación.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do IGAEM, Pavillón de Galicia, San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: o presente ano 1999.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.

b) Enderezo: Pavillón de Galicia. San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: a partir do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións que sexa hábil.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 1999.

Aníbal Otero Fernández

Director xerente do Instituto Galego das Artes

Escénicas e Musicais