Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 26 de marzo de 1999 Páx. 3.501

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras que se citan. (Clave OH.436.322 e sete máis).

A) Obra.

1. Reformado do actualizado da prolongación do acondicionamento do río Pontiñas desde a N-525 ó parque industrial. (Lalín-Pontevedra).

Clave: OH.436.322.

Orzamento: trescentos trinta e nove millóns novecentas vintesete mil trescentas oitenta e tres pesetas (339.927.383 ptas., equivalente a 2.043.004,72 euros).

Prazo de execución: 36 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 5, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Abastecemento de auga na marxe dereita da ría de Arousa, treito: A Pobra do Caramiñal-Ribeira. (A Pobra do Caramiñal-Ribeira-A Coruña).

Clave: OH.215.387.

Orzamento: setecentos vintecatro millóns noventa e seis mil trescentas nove pesetas (724.096.309 ptas., equivalente a 4.351.906,464 euros).

Prazo de execución: 32 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e;

grupo B, subgrupo 2, categoría e.

Fianza provisional: non se esixe.

3. Abastecemento de auga a núcleos da periferia de Lalín-segunda fase. (Lalín-Pontevedra).

Clave: OH.236.414.

Orzamento: cento corenta millóns trescentas trinta e dúas mil oitocentas catorce pesetas. (140.332.814 pesetas, equivalente a 843.417,20 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

4. Abastecemento de auga a Esgos. (Esgos-Ourense).

Clave: OH.232.349.

Orzamento: trinta millóns seiscentas unha mil novecentas vintecinco pesetas (30.601.925 ptas., equivalente a 183.921,273 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría b.

Fianza provisional: non se esixe.

5. Abastecemento de auga a Donas-Barreiros. (Gondomar-Pontevedra).

Clave: OH.236.412.

Orzamento: cincuenta e nove millóns seiscentas trinta e catro mil seiscentas vintesete pesetas (59.634.627 pesetas, equivalente a 358.411,327 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

6. Proxecto modificado do saneamento Porto-Rocha Vella, ampliación e abastecemento de auga en Porto. (Santiago-A Coruña).

Clave: OH.515.447.

Orzamento: vintecatro millóns novecentas setenta e seis mil cento sesenta e catro pesetas (24.976.164 pesetas, equivalente a 150.109,77 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

7. Abastecemento a Carcacía-segunda fase. (Padrón-A Coruña).

Clave: OH.215.437.

Orzamento: trinta e dous millóns novecentas corenta e unha mil seiscentas doce pesetas (32.941.612 ptas., equivalente a 197.983,075 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría b.

Fianza provisional: non se esixe.

8. Abastecemento de auga a Xermade e Cabreiros. (Xermade-Lugo).

Clave: OH.227.289.

Orzamento: vinteún millóns cincocentas cincuenta e seis mil seiscentas sesenta e cinco pesetas (21.556.665 ptas., equivalente a 129.558,166 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de intesese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no punto A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (modificado polo artículo 77 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, BOE do 31), e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do día dezanove (19) de abril de 1999.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do día vintenove (29) de abril de 1999.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia